As familias do noso municipio poden achegarse aos Servizos Sociais do Concello para xestionar:
- Prestacións económicas de pagamento único por fillo menor a cargo.
- Axudas de prevención e apoio a familias en situacións carenciais graves para a preservación dos menores no seu medio.
- Programa de Axuda no Fogar.
- Estadías en residencias de tempo libre.
- Acceso á Escola Infantil Municipal.
- Axudas para Material Escolar 0-3 anos.
- Acceso ao Programa Conciliatardes-Tardes coa Infancia.
Dentro do ámbito da familia e a infancia desenvolvemos o Programa de Educación familiar, de apoio educativo e psicosocial cun carácter integral dirixido ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar situacións de dificultade para o axeitado desenvolvemento da autonomía e responsabilidade da familia.
Por outra banda, aquí podes atopar asesoramento sobre outras prestacións e programas dependentes doutros organismos vinculados coa familia e a infancia como o título de familia numerosa, prestacións familiares por fillo a cargo da Seguridade Social, e o proceso de adopción ou o acollemento familiar.
DOC - Escola Infantil
Regulamento Xeral
DOC - Axuda do Fogar
Regulamento xeral
DOC - Conciliatardes2012
Bases do programa
IMP - Familia
Solicitude de Praza na Escola Infantil curso 2016/17
IMP - Familia
Solicitude de Axuda para material escolar (0-3 anos)